lunes, enero 29


Hoxe recibimos a  visita ao Colexio da Asociación de Mascotas de Ourense, APMOU. Estiveron co  alumnado de terceiro e cuarto de primaria para contarnos cousas moi  interesantes:

·   Que fan as protectoras de animais.
·   Como debemos atender e coidar as nosas mascotas
·   Como sentirnos seguros cando nos achegarnos a un can
·  A importancia de colaborar coa adopción dun animal e non compralo.

Resultou un tema moi interesante polo que nenos e nenas fixeron moitas preguntas.
Durante as semanas previas propúxose, a alumnado e familias, a posibilidade de colaborar coa Asociación aportando distintos produtos para o coidado e atención dos animais.
É de salientar a importante colaboración das familias neste sentido doando comida, mantas, xoguetes, etc. Estes produtos repartiraos a Asociación entre as protectoras/centros de acollida que desenvolven a súa actividade en Ourense (María Arenita, Patrulla Callejera...).
Vivan os animais e viva a solidariedade!








sábado, enero 27

Estamos estudando o tema de 'Living things' na materia de Natural science en terceiro, e aproveitamos para traballar o proxecto 'Os animais nosos amigos' na clase de 3ºA. Falamos das diferenzas entre animais domésticos e animais salvaxes. Aquí o resultado.






jueves, enero 25

Aproveitando a unidade de Lingua Galega relacionada co vocabulario das distintas partes do corpo dos mamíferos os alumnos e alumnas de Segundo de Primaria crearon as súas mascotas, que neste caso foron canciños, e indicaron nelas diversas partes da súa morfoloxía, tales como: poutas, unllas, rabo, fociño e orellas.
  
Decoraron as súas mascotas ao seu gusto e mesmo lle puxeron nome. No seu reverso fixeron unha pequena descrición das mesmas indicando o seu aspecto físico e a súa comida favorita. As mascotas permanecen expostas no taboleiro da aula.








A finais de decembro os alumnos de 3ºC de Educación Primaria fixeron un proxecto na materia de inglés traballando cooperativamente. Neste falaban das súas mascotas e das suas características así coma dos coidados que precisaban.

Ademais, á volta do Nadal  tamén trouxeron unha foto coa súa mascota para compartir co resto da clase, e poñer en común qué é o máis importante para protexer a estes pequenos peludos. 








No primeiro trimestre os alumnos de 4º EP fixeron un proxecto na materia de inglés sobre as mascotas. Aprenderon a describir as diferentes mascotas, o que saben facer, o que comen e os seus coidados. Todo a través de actividades divertidas e interactivas, realizadas tanto individual como en grupo. Aquí temos uns mapas mentais que realizaron como resumo do proxecto.













Benvidos

Benvidos ao blog do colexio 'Maristas protexe aos animais'. Neste curso 2018-19, seguimos un ano máis co proxecto sobre o coida...