martes, febrero 27

Dentro das actividades do proxecto Maristas protexe aos animais, os alumnos de 2º B de primaria estiveron traballando o vocabulario das mascotas e os animais salvaxes, desde a materia de inglés. Concluíron a actividade realizando un mapa mental que inclúe unha pequena lista de animais salvaxes.





martes, febrero 6

Esta mañá recibimos a visita  duns axentes forestais do medio ambiente da Xunta de Galicia.
Contaron ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria moitas cousas sobre o lobo.

·         As súas características.
·         A súa distribución no mundo e en España.
·         Como recoñecer a existencia do lobo.
·         O alimento.
·         Como cazan.
·         A reproducción.
·         Os seus costumes.
·         Sinais de dominio e sumisión.
·         As ameazas do lobo.
·         O lobo, un ser mítico.

Gozamos moito aprendendo  sobre este animal tan fascinante.

Moitas grazas aos axentes Alberto e José Antonio por compartir os seus coñecementos connosco e ensinarnos o encanto do Canis Lupus.









Benvidos

Benvidos ao blog do colexio 'Maristas protexe aos animais'. Neste curso 2018-19, seguimos un ano máis co proxecto sobre o coida...