sábado, marzo 17


Onte visitounos a cadela Malibú da Casa Grande de Xanceda (A Coruña) co seu proxecto eduCANdo  con Malibú. Ensinounos aos alumnos de primeiro e segundo de primaria a ser responsables cos animais. Aprendemos a loitar contra o abandono animal e a respectar aos animais. Tamén acariñamos moito á cadeliña Malibú quen foi vítima do abandono. Agora é unha profe profesional e axuda aos demais cans co seu proxecto solidario. Moitas grazas por vir, Malibú! Querémoste moito!
 










domingo, marzo 4


En infantil os nenos de 3 anos tamén están a traballar moito co proxecto. Aprenderon a coidar ás mascotas e xa saben que deben facer se atopan un animal perdido. Cada un presentou a súa mascota ou animal favorito aos seus compañeiros e xogaron a ser animais perdidos. Aquí está un dos seus traballos para axudar á protección dos animais.






Benvidos

Benvidos ao blog do colexio 'Maristas protexe aos animais'. Neste curso 2018-19, seguimos un ano máis co proxecto sobre o coida...