viernes, junio 22

Os alumnos e alumnas de 2º C EP presentaron o seu animal favorito na clase de inglés. Presentárono, describírono e tentaron debuxalo tal e como o ven ou llo imaxinan. Foron súper creativos. Son uns e unhas artistas! Parabén polo seu esforzo e motivación!











domingo, junio 17

Nos cursos de primeiro, nas áreas de lingua e lingua castelá, fixemos as seguintes actividades:

ADIVIÑAS: Unha das sesións na clase de lingua estivo dedicada a memorizar distintas adiviñas de animais e a recitalas ao resto da clase, xogando a un pequeno xogo de adiviñar o animal en equipos.

DESCRICIÓNS: Despois de traballar o adxectivo en clase, buscamos información sobre diferentes animais e as súas características. En equipo fixemos unha posta en común dos datos recolleitos. Como traballo individual, cada alumno preparou unha descrición do animal elixido que posteriormente explicou nunha exposición oral, ao resto dos seus compañeiros.

Na área de Science:
 Nesta materia realizamos diversos xogos co fin de consolidar o vocabulario, facilitar a participación dos nenos e motivar a expresión oral en inglés.
Hangman: o xogo consiste en darlles aos mozos o número de letras do
nome do animal escondido e eles, preguntando polas letras da palabra, tiñan queadiviñala.
grupos deben ir adiviñando de que animal se trata.


Xogos de preguntas: En equipos, un dos mozos sae cunha carta que esconde un animal. O resto dos grupos pregunta se se trata dun animal vertebrado, carnívoro, doméstico... e os grupos deben ir adiviñando de que animal se trata. 











Nas materias de lingua e plástica en 3ºEP realizamos varias actividades:

1º Lectura dun libro da colección Os Bolechas: Os Bolechas perderon o can.

2º Traballamos o vocabulario e falamos dos coidados que debe recibir unha mascota e que recollemos nunha ficha cos debuxiños correspondentes e nun Mapa Mental.

3º Fixemos unha manualidade  que representa o noso animal favorito.














Benvidos

Benvidos ao blog do colexio 'Maristas protexe aos animais'. Neste curso 2018-19, seguimos un ano máis co proxecto sobre o coida...