sábado, enero 25

Benvidos

Benvidos ao blog do colexio 'Maristas protexe aos animais'.

Neste curso 2018-19, seguimos un ano máis co proxecto sobre o coidado e protección dos animais titulado ´ Os animais nosos amigos`. É un proxecto promovido pola Xunta de Galicia, dentro do seu Plan Proxecta de ‘Protexe os animais’ a fin de fomentar a concienciación do alumnado na protección e no respeto polos animais domésticos.

A educación en valores é un dos obxectivos principais no proxecto ‘PROTEXE OS ANIMAIS’ que permite traballar o respecto aos animais, a solidariedade, o voluntariado e o compromiso coa Sociedade.
 Axúdalles aos nosos alumnos a adquirir coñecementos, a desenvolver as súas capacidades e crecer en valores a través do descubrimento de si mesmos, dos demais, da natureza.
Pretendemos lograr dos nosos alumnos a confianza en si mesmos, o traballo en equipo, a aceptación de responsabilidades, a creatividade, o desenvolvemento do xuízo crítico, o sentido do transcendente..., ofrecendo, para isto, unha educación verdadeiramente integral.
Ao longo deste curso iremos subindo actividades e obradoiros realizados no centro escolar co alumnado e coordinadas polo profesorado do centro. 


Esperamos que vos guste.

Benvidos

Benvidos ao blog do colexio 'Maristas protexe aos animais'. Neste curso 2018-19, seguimos un ano máis co proxecto sobre o coida...