martes, abril 9

Visita ApmouEduca 3º EP


Hoxe a Asociación de Propietarios de Mascotas Ourensás (APMOU) volveron ao noso colexio co seu equipo de  ApmouEduca para falar cos nenos e nenas de 3º EP sobre a Tenencia Responsable dos animais, sempre apostando por unha sociedade cívica que coide e respecte aos animais. Grazas pola vosa visita.






lunes, abril 8

Charla Progape Ourense 4ºEP

Os alumnos de 4º de Primaria asistiron hoxe a unha charla-coloquio ofrecida por PROGAPE, Protectora de Gatos e Cans de Ourense. Achegáronnos á realidade en que viven os animais abandonados, todos coidados con agarimo dando resposta ás súas necesidades básicas de alimento, coidados veterinarios e atención. Sentimos moi agradecidos pola sensibilidade que achegou aos nosos mozos e mozas.






lunes, abril 1

Visita APMOU e Brandon


Hoxe o equipo de  APMOU e o seu can  Brandon visitaron o noso colexio para impartir unha charla sobre a tenencia responsable de mascotas aos alumnos de 6º EP.

Aquí temos unhas imaxes da charla e duns carteis que os nenos prepararon sobre este tema.

Moitas grazas a  APMOU e a  Brandon pola vosa visita!!













Benvidos

Benvidos ao blog do colexio 'Maristas protexe aos animais'. Neste curso 2018-19, seguimos un ano máis co proxecto sobre o coida...